Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel da iniciativa.

En Oroso a cidadanía pode formarse de balde en Internet e ofimática con LibreOffice

Versión para impresiónSend by email
Oroso, 26/02/21 (09:40)

aula CeMIT de Oroso convoca un curso gratuíto de Internet e ofimática a través da ferramenta LibreOffice. Desenvolverase dende o 1 ata o 31 de marzo en horario de 10 a 12 horas e servirá para a preparación das probas libres para a obtención do CODIX.

O curso esta destinado a toda a cidadanía en xeral con certa formación tecnolóxica (manexo do teclado e do rato, apertura e peche de programas, uso de cartafoles etc.) e terá como obxectivos os que se detallan a continuación: 

  • Ofrecer unha visión ampla da informática no seu uso cotián, facendo fincapé nas ferramentas tecnolóxicas de uso máis frecuente referentes ás aplicacións de oficina.
  • Aprender ofimática (procesadores de texto, follas de cálculo, base de datos, etc.) de forma correcta usando ferramentas libres, co fin de que os alumnos coñezan un maior abano de programas cos que xestionar os seus documentos e sexan capaces de obter o maior proveito das diferentes alternativas existentes.
  • Acadar os coñecementos e recursos necesarios para a preparación da proba libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, CODIX. 

O programa formativo inclúe contidos sobre os seguintes bloques temáticos:

  • Internet 
  • LibreOffice Writer. O procesador de textos
  • LibreOffice Impress. Presentacións dixitais
  • LibreOffice Calc. Follas de cálculo
  • LibreOffice Base. Bases de datos 

Para máis información cómpre visitar a web da aula CeMIT ou acudir a Aula de Formación EducaOroso (Rúa do Deporte, nº 7 – Sigüeiro).

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal