Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Obradoiro de robótica.

6.500 escolares aprenden robótica e programación grazas á aula STEAM

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 23/02/21 (07:45)

Máis de 1.800 escolares de centros de toda Galicia participaron xa e outros 4.600 reservaron praza na aula itinerante STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas nas súas siglas en inglés) de AFundación. En total, estamos a falar de 6.500 rapazas e rapaces beneficiándose dos obradoiros de robótica e tecnoloxía aplicada da dita entidade, que fixo balance da actividade xerada no que vai de curso.

Ao abeiro destas actividades e co fin de garantir a seguridade sanitaria, as e os profesionais de AFundación (Abanca) están a desprazarse até os colexios para desenvolver os obradoiros tecnolóxicos directamente cos escolares nas aulas, velando polas máis estritas medidas anti-COVID. O obxectivo é “ofrecer aos docentes un programa con contidos interesantes e adaptables aos diferentes escenarios que se poidan presentar durante este curso”. Nas aulas STEAM, entre outras cousas, apréndeselles ás nenas e nenos a crearen os seus propios robots, tixolas e trotiños, dous trebellos con capacidade para axudalos a crear obras de arte. Aos escolares de máis idade introdúceselles na programación con placas microbit e nas competencias asociadas á electrónica e á programación robótica aplicada.

As actividades das aulas STEAM de AFundación contan con códigos abertos, de tal xeito que desde os centros escolares, tanto o corpo docente como o alumnado, poidan seguir practicando a actividade unha vez finalizado cada obradoiro.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal