Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Unha persoas maior utiliza unha das aplicacións de Ease Apps.

Ease Apps, un paquete de tecnoloxía para facilitar o uso de dispositivos Android

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 14/12/20 (09:22)

Ease Apps é un paquete de aplicacións pensadas para facilitar o uso de dispositivos móbiles Android a persoas cunha discapacidade física a través de diferente tecnoloxía que se apoia en periféricos adaptados ás necesidades de cada usuario.

As catro aplicacións que forman parte de Ease Apps son a coñecida EVA Facial Mouse Pro, Ease Mouse, Ease Touch e Ease Joypad.

Os compañeiros de Orientatech analizaron cada unha destas aplicacións para destacar os beneficios que ofrecen cada unha das diferentes tecnoloxías para adaptarse ás necesidades individuais de cada usuario.

Ease Touch é unha tecnoloxía que permite manexar a pantalla táctil do dispositivo utilizando un só dedo, sendo capaz de diferenciar entre os toques voluntarios e os involuntarios. Aquí tedes a análise de Orientatech.

Ease Mouse está pensado para aqueles que teñen maior facilidade de interactuar coa pantalla a través do uso dun rato ou un trackball. Podedes ler a opinión de Orientatech aquí.

Ease Joypad é unha tecnoloxía similar ás anteriores pero pensada para aqueles que utilizan joysticks, gamepads, teclados ou conmutadores. Aquí tedes máis información.

E, por último, a tecnoloxía da que máis falamos: EVA Facial Mouse PRO, que xa anunciamos que evolucionara para funcionar coa cámara frontal dos dispositivos, converténdose nunha ferramenta básica para aquelas persoas con discapacidade física que se comunican coa tecnoloxía mediante o movemento do rostro. Le máis aquí.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal