Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Edificio do CITIC.

O CITIC celebrará o Día das Persoas con Discapacidade coa presentación do proxecto Talentos Inclusivos

Versión para impresiónSend by email
A Coruña, 03/12/20 (09:54)

Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolle este xoves 3 de decembro, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha xornada de presentación de contribucións tecnolóxicas para derrubar obstáculos en materia de diversidade funcional. En concreto, presentarase o proxecto Talentos Inclusivos, que ten o obxectivo de fomentar as vocacións TIC entre estudantes de Secundaria e Bacharelato e visualizar a problemática coa que se encontran no día a día os devanditos colectivos.

Segundo avanza o CITIC, o proxecto desenvólvese conxuntamente con ASPACE Coruña e conta co apoio do Consello Social da UDC. Esta iniciativa recibiu unha axuda de 30.000 euros por parte da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, no marco da Convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación. Así, a formación de grupos entre estudantes de instituto xunto con persoas usuarias de ASPACE Coruña, crea un espazo de traballo diverso e inclusivo co fin de resolver os retos aos que se enfrontan as persoas con parálise cerebral, fomentando a unión de diferentes perfís para propoñer solucións tecnolóxicas innovadoras e aplicadas co fin de mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional. No acto de peche participarán o secretario xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro, o reitor da UDC, Julio Abalde, e o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril. O subdirector do CITIC e investigador principal do proxecto, Javier Pereira, e a xerente de ASPACE Coruña, Sonia Ruiz, presentarán a iniciativa. Ademais, proxectarase un vídeo no que equipos de ASPACE proporán retos tecnolóxicos a resolver e os equipos de estudantes aceptarán o encomendamento.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal