Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Portátil e cunca de café enriba dunha mesa.

A aula CeMIT de Boiro abre as inscricións para catro novos cursos sobre outras tantas ferramentas TIC

Versión para impresiónSend by email
Boiro, 16/10/20 (07:55)

aula CeMIT do Concello de Boiro, emprazado no Centro Social, presentou unha nova oferta formativa de cursos para o mes de novembro. Trátase de catro actividades sobre outras tantas ferramentas tecnolóxicas ao servizo da capacitación dixital e da empregabilidade. O prazo de inscrición dos cursos está xa aberto e toda a información a disposición das persoas usuarias na web municipal.

Os días 2, 3, 4 e 5 de outubro vaise impartir un curso sobre a suite ofimática libre LibreOffice Base. Os días 9, 10 e 12 de novembro o curso que se vai impartir é o de deseño gráfico con Inkscape. Os días 16, 17, 18 e 19 de novembro, deseño coa ferramenta Wordpress e os días 23, 24, 25 e 26, curso de manexo de WOOcomerce. Todas as actividades formativas son presenciais, en horario de 10.00 a 12.30 horas na aula CeMIT de Boiro. As inscricións e toda a información está a disposición das persoas interesadas no propio centro de dinamización tecnolóxica, de xeito presencial, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 35.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal