Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Imaxe de Maiores

Localizadores GPS, autonomía para os maiores e tranquilidade para os coidadores

 



  • As novas tecnoloxías permiten que os afectados de Alzheimer continúen coa súa rutina diaria.

  • Os localizadores preséntanse en distintos formatos para adecuarse ao día a día do usuario: pulseira, cinto, reloxo, app...

  • Tweri Alzheimer Caregiver é unha aplicación gratuíta para iPhone e Android que permite saber onde se encontra o afectado en caso de que abandone a zona de confianza definida ou exceda o tempo límite acordado para o seu paseo.

    •  

  •  
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/06/13 (09:12)

Máis de 35 millóns de persoas en todo o mundo padecen Alzheimer ou outro tipo de demencia, unha situación que, sen dúbida, require un esforzo por parte das empresas para deseñar produtos destinados a estes usuarios e aos seus familiares. Nestas enfermidades é común que o paciente poida sufrir episodios de deambulación, é dicir, camiñar sen un rumbo fixo e, cando se perden nun ámbito descoñecido, se non son encontrados en menos de 24 horas, teñen só o 50% de probabilidades de sobrevivir. Ademais, esta situación complícase en canto a cifras de maiores que viven sós: en España o 20% das persoas con máis de 65 anos, unha de cada catro, viven soas no seu domicilio.


Ante esta problemática, a única solución para os familias é o acompañamento continuo ao enfermo, o que require, en moitos casos, unha dedicación a tempo completo por parte do coidador, que se ve obrigado a deixar o seu traballo e a destinar todo o seu esforzo ao coidado do maior. Á súa vez, isto poderá desembocar en trastornos como estrés, depresión, etcétera.


Que fórmulas poden servir de apoio ao coidador ao tempo que achegan autonomía aos enfermos? Os denominados localizadores, grazas ao avance imparable das redes GPS e as novas tecnoloxías, son un dos produtos máis demandado polos familiares de persoas con Alzheimer. Saber onde está en cada momento o portador do dispositivo, como chegou ata alí ou se necesita auxilio por unha caída, son só algunhas das cuestións que poden despexar os localizadores. 


Variedade en canto aos formatos


Vision Sistemas de Localización, líder mundial en localizadores especializados para persoas con Alzheimer, presentou recentemente o seu localizador Keruve 2013, caracterizado por ser un sistema de protección ante os riscos da deambulación máis efectivo desenvolvido ata o momento.


Numerosas investigacións insisten en que é posible retardar o avance da enfermidade de Alzheimer se a persoa maior fai exercicio físico, relaciónase con outras persoas e evita o estrés. Grazas ao uso de Keruve, está demostrado que a persoa con esta doenza pode continuar coa súa rutina diaria: pasear, manter relacións sociais e reducir os niveis de estrés no fogar.


O localizador directo Keruve 2013 consta dun discreto reloxo GPS con peche de seguridade que leva a persoa con demencia, e dun receptor de doado uso para o familiar. Así, o coidador só ten que pulsar o botón "localizar" do receptor, e verá na pantalla un mapa coa posición exacta da persoa que leva o reloxo. As vantaxes de Keruve radican en que localiza sen límite de distancia, posúe catro sistemas de posicionamento e envía unha alarma ao familiar en caso de saír da zona de seguridade fixada ou detectar batería baixa.


Ademais dos oito modelos de reloxo, e en comparación co seu predecesor, o novo Keruve dispón dun deseño en formato cinto e outro de pulseira ríxida anti-corte. A variedade permite que o usuario escolla aquel sistema que lle resulte máis cómodo, xa que o obxectivo deste tipo de dispositivos é que se integren plenamente no día a día do usuario e así non eviten de levalo.


En canto á fiabilidade e a seguridade, o mellor sistema de radios de seguridade permite a fixación de radios de 200 e 500 metros e o sistema de áreas de seguridade estándar de Keruve permite fixar radios a partir dun quilómetro sen aumentar o consumo da batería do reloxo. 


 


 


Outra innovación é o modo "mal tempo", para aumentar a velocidade de localización en inverno, ou moi útil nos países nórdicos.


O receptor portable presenta unha pantalla máis grande e doada de ler, así como unha nova interface de usuario con axuda contextual para que resulte máis intuitivo o seu uso. Tamén inclúe o modo "letras grandes", deseñado para aqueles coidadores que presentan problemas de visión.


Por outro lado, dende Vision Sistemas de Localización presentaron, tamén, unha aplicación que permite a outros membros da familia localizar a persoa con demencia dende un iPhone, Android, Windows Phone ou calquera teléfono móbil.


Abilio Caetano Pereira, director da compañía, destaca que "Keruve 2013 é a cuarta xeración do produto e o resultado de máis de sete anos de I+D, incorporando as suxestións de máis de 2.500 clientes en todo o mundo", e engade que "este novo lanzamento é unha mostra do noso compromiso co colectivo de Alzheimer". E é que esta compañía deseña, desenvolve e comercializa localizadores miniaturizados para persoas con alto risco de perda co fin de mellorar a súa calidade de vida e a dos seus familiares. Keruve é usado por miles de clientes en máis de 20 países, e conta coa colaboración de familias, residencias, asociacións de Alzheimer e organizacións de saúde para a súa mellora continua.


Para a maioría de persoas maiores que viven soas, esta é unha opción persoal porque son propietarios da vivenda e non queren saír do seu fogar porque alí se senten cómodos e seguros. 


A incorporación de novas tecnoloxías contribúe a aumentar esa seguridade no fogar, xa que que lles conceden máis autonomía. A teleasistencia contribúe, en parte, a paliar esas inseguridades que sentían dentro do fogar pero, que sucede cando o maior quere saír de casa? Para que os maiores non sufran illamento e se animen a saír de casa, é imprescindible que se sintan seguros e sen temor a sufrir algún accidente ou un simple despiste.


Tendo en consideración esta feito, a empresa Antidex lanza ao mercado un teléfono móbil especificamente pensado para eles, trátase do terminal Movildex, simplificado en grao máximo e moi doado de utilizar xa que abonda con pulsar unha tecla para chamar ao seu familiar ou a un teléfono de asistencia médica.


O teléfono Movildex Mimov permite recibir chamadas pero, o máis importante, é que o usuario sempre estará localizado e os familiares, con só acceder á páxina web, saberán onde se encontra o portador do dispositivo.


O uso dun móbil doado de usar e que permita telos localizados en todo momento contribúe a mellorar a mobilidade e, en consecuencia, a calidade de vida dos maiores. "Para iso, é importante que a seguridade no fogar continúe ao saír á rúa porque moitos maiores poden sufrir episodios temporais de desorientación, malestar físico, caídas, etcétera", afirma o xeriatra Esteban Pérez Almeida, director do Instituto Xerontolóxico.


A desorientación dos pacientes con demencia é, polo tanto, un tema crave para os coidadores pero tamén para o benestar do enfermo. Para unha maior seguridade, sempre é recomendable que o maior conteña algún tipo de identificación co seu nome, dirección e un teléfono de contacto dun familiar. 


Pequeno, práctico e coa posibilidade de chamar a catro números de teléfono. Así é o GPS Green Kid


Dende SDL (Tiveloc S.L.), especialistas en sistemas de localización GPS e radiofrecuencia, comercializan un dispositivo innovador que está especificamente deseñado para o seguimento de nenos ou de persoas maiores. Trátase do GPS Green Kid, un potente localizador persoal que, ademais, dispón de teléfono incorporado e un botón SOS de emerxencia. Esta última opción é unha das máis demandadas polos usuarios, xa que permite lanzar un aviso urxente de axuda en caso de que a persoa maior o necesite.


En canto o usuario estea situado, a situación envíase automaticamente a un servidor en tempo real ou a calquera outro dispositivo a través dun SMS. Desta forma, pódense comunicar ao receptor alertas de emerxencia, traspaso de barreiras xeográficas (delimitando ata un total de cinco barreiras), batería baixa, etcétera. Tamén existe a opción de activar unha alerta para que avise o móbil se o localizador supera unha determinada velocidade ou distancia, así como un detector de movemento.


En canto ao portador do GPS, este poderá marcar os números de forma sinxela xa que estes se programan previamente. Así, o usuario só ten que marcar un dos catro números situados nos botóns de marcación rápida.


Ademais das vantaxes en canto ao funcionamento, sinxelo e pensado para o usuario, o GPS Green Kid peso 65 gramos e ten un tamaño moi reducido, tal e como se aprecia na imaxe, de aí que non supoña unha incomodidade para a persoa que o leva. Non obstante, a pesar da súa aparencia, é un dispositivo robusto.


Existe un amplo catálogo de produtos deseñados para a localización de persoas maiores ou, como indican dende SDL, dispositivos "antiperda" que supoñen seguridade para o usuario, pero tamén para os coidadores ou familiares.


Tiveloc é unha empresa que se dedica á venda, distribución e asesoramento de produtos e sistemas de localización para uso empresarial e particular. Principalmente desenvolve a súa actividade en España, Estados Unidos e Sudamérica, polo que ten unha grande experiencia no sector. SDL é unha compañía que intenta axudar ás persoas e organizacións a mellorar o control e localización dos seus seres queridos e pertenzas, ao mesmo tempo que utiliza a máis recente tecnoloxía en telecomunicacións. 


Tweri, unha aplicación que proporciona autonomía ao enfermo de Alzheimer


A consultora informática Solusoft é a creadora de Tweri Alzheimer Caregiver, unha aplicación destinada a proporcionar maior autonomía aos enfermos de Alzheimer e a achegar tranquilidade aos seus familiares e coidadores.


Esta aplicación para iPhone e Android está dirixida aos afectados por esta demencia nas primeiras etapas da enfermidade, e o obxectivo principal da aplicación é que o coidador saiba onde se encontra o afectado en caso de que abandone a zona de confianza definida ou exceda o tempo límite acordado para o seu paseo. Para este control, a persoa deberá levar só un smartphone con esta aplicación instalada.


En canto ao desenvolvemento e posta en marcha desta solución de mobilidade gratuíta, a consultora solusoft contou co apoio da Asociación Afal Getafe e, puntualmente, coa colaboración de Manava Alzheimer (Centro de día e Terapia para demencias en distintas fases). Desta forma foise testando este produto que, actualmente, xa superou as 9.000 descargas.


"A experiencia acumulada en proxectos anteriores relacionados con diversas minusvalideces fíxonos ser conscientes de que a tecnoloxía por si mesma non ten ningún valor e que o adquire cando as persoas que a van usar dan a súa validación. Por iso, realizamos grandes esforzos para xerar unha ferramenta verdadeiramente útil, que parte das necesidades dos afectados", destacan dende a compañía.


O 56% das descargas realizáronse dende fóra de España, un dato que pon de manifesto a vocación universal de Tweri, unha aplicación que, lonxe de limitarse a un uso local, ofrece unha solución a persoas de calquera parte do planeta.


Ademais, o equipo de Tweri puxo en marcha en twitter (con máis de 700 seguidores) e facebook (con 141 amigos rexistrados) unha activa comunidade en torno ao Alzheimer e outras demencias. "Coñecemos o sentimento de soidade e desamparo que rodea os afectados, por iso creamos un espazo onde poidan compartir coñecementos e experiencias, así como unha plataforma na que recoller información de calidade", expresan dende Solusoft. Así, o equipo de Tweri se fai eco das noticias e novidades sobre o Alzheimer, as persoas maiores e outros temas relacionados, ofrece información sobre eventos e conferencias e aconsella e apoia afectados e coidadores, ademais de comentar as propias novidades da aplicación. 


Entre os recoñecementos deste proxecto, Tweri conseguiu unha mención especial do Xurado de The App Date no premio á mellor app de 2011, desmarcándose das máis de 60 aplicacións candidatas. 

Tema: Xeral
Fonte: EM entremayores.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal