Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Imaxes da aplicación Close2Ou con algunhas das preguntas ao paciente.

Unha app monitora a saúde de pacientes con cancro a cambio de recursos motivacionais

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 25/08/20 (08:30)
  • A gamificación, cada vez máis presente en contornas escolares, tamén funciona noutros como o sanitario. Investigadores da Universidade Complutense de Madrid e da Universidade de Zaragoza desenvolveron a aplicación Close2U, para que o persoal sanitario monitore o estado de ánimo e a dor física dos pacientes con cancro a partir de enquisas diarias.

 

aplicación para dispositivos electrónicos Close2U, desenvolvida por investigadores da Universidade Complutense (UCM) e a Universidade de Zaragoza, monitora o estado de saúde físico e mental dos pacientes con cancro a través da gamificación.

Os usuarios enchen unha serie de enquisas diarias sobre o seu estado emocional e as zonas de dor. A cambio, a aplicación devólvelles recompensas en forma de consellos ou cancións, recursos que aumentan a súa motivación.

'O uso da gamificación permitiu que se poida seguir aos pacientes de cancro de maneira máis continuada, obtendo información frecuente acerca do seu estado de ánimo. Isto permite detectar se están a sufrir depresión, tensión ou dor entre outros', explica Iván García-Magariño, investigador do departamento de Enxeñería do Software e Intelixencia artificial da UCM.

Este estudo levouse a cabo en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC), principalmente coa súa sede de Teruel, na que pacientes da asociación probaron a app.

Os investigadores de ambas as universidades analizaron os resultados destas probas e describiron o desenvolvemento da aplicación en Journal of Biomedical Informatics e en Journal of Healthcare Engineering.

Intercambio de recursos entre pacientes

Por exemplo, na pregunta 'Como durmiches?', o usuario ten que marcar o punto nunha liña horizontal na que os extremos son moi mal e moi ben, mentres que en 'Que partes do teu corpo che doen?', a pantalla mostra unha figura humana na que o paciente marca os puntos de dor.

A información derivada das súas respostas é recibida polo profesional médico de hospitais ou asociacións.

A cambio, os consellos e as cancións das recompensas 'permiten que os usuarios teñan momentos divertidos e agradables que tamén poden compartir con outros pacientes de cancro para apoiarse uns a outros', destaca García-Magariño.

O investigador da UCM adianta que están a traballar na integración con outros dispositivos como mobles e pulseiras intelixentes. 'Non sabemos exactamente cando teremos dispoñibles os nosos produtos para o público en xeral, e dependerá dos medios que teñamos e o interese dos potenciais usuarios', conclúe.

Close2U enmárcase dentro das accións da e-Health, cumprindo obxectivos como a captura de información automático sen depender de accións explícitas por parte dos usuarios ou a análise intelixente da información, alertando ao persoal sanitario en casos necesarios.

Tema: Xeral
Fonte: Agencia Sinc
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal