Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantallazo da web de Ribeira Academy.

O Concello de Ribeira brinda unha masiva oferta formativa anti-COVID: 88 cursos de balde e online

Versión para impresiónSend by email
Ribeira, 01/05/20 (08:58)

Debido á actual situación na que nos vemos envoltos, utilizar este tempo no noso fogar para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil profesional e académico e xerar maiores probabilidades de contratación en futuros empregos tras o confinamento, é unha das mellores formas de combater a situación económica actual. Por iso, o Concello de Ribeira a través da súa nova iniciativa Ribeira Academy, aposta pola formación onlinecoa maior oferta gratuíta neste eido na historia da comarca de Barbanza, erixíndose nunha das medidas articuladas para facer fronte ao actual estado de alarma xerado pola COVID-19, tal e como explicou o alcalde Manuel Ruiz.

Inscricións dende as cero horas do 1 de maio

Consiste en 88 cursos online en múltiples disciplinas para un total de 1.000 prazas. O prazo de inscrición comeza o Día de Traballo, 1 de maio, e finalizará en canto se esgoten as prazas dispoñibles. Como requirimentos para realizar esta formación integramente virtual tan só serán ser maior de 16 anos e estar empadroado/a en Ribeira. Os interesados e as interesadas poderán anotarse no curso que desexen a través propia web, onde cada un deles conducirá a un formulario no que cómpre introducir unha serie de campos (nome, DNI, teléfono e enderezo electrónico). Como máximo cada usuario poderá escoller un curso,cunha excepción: no caso de inscribirse nalgún de Office, Adobe Photoshop ou idiomas poderá compaxinalo con outro da oferta.

Ribeira. Academy é unha medida deseñada especialmente para persoas en desemprego, traballadores en ERTE, profesionais autónomos e traballadores de PEMES, con todo, todos os habitantes poderán solicitar o curso que desexen e adquirir a súa praza. Dende a súa inscrición, os usuarios dispoñen de 3 meses para poder completalo, cunha forma integramente online 24 horas do día, calquera día da semana.

20 categorías

Os alumnos-as recibirán un diploma acreditativo ao finalizar o curso. Pódese elixir entre unha gran variedade de materias formativas (hai 20 categorías) e horas de duración (entre 10 e 210 horas), desde un curso de idiomas ata formación en nutrición e saúde. Tamén se ofertan cursos en áreas máis técnicas como programación ou sistemas e bases de datos, que sen dúbida serán competencias moi demandadas na dixitalización que experimenta o mercado. Toda a información sobre Ribeira Academy e as particularidades desta oferta formativa poderanse consultar de forma detallada en http://www.ribeira.academy/ unha vez abra o prazo de inscrición.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal