Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel da iniciativa.

A Fundación ONCE convida os nenos a descargarse os seus 'Contos que contaxian ilusión'

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 23/04/20 (12:10)
  • No Día Internacional do Libro, que se conmemora hoxe xoves.

A Fundación ONCE, consciente de que a lectura pode ser unha boa aliada durante o confinamento, celebra hoxe o Día do Libro poñendo ao dispor dos nenos 'Contos que contaxian ilusión', que son historias protagonizadas por menores que pretenden dar a coñecer a discapacidade entre os máis pequenos de maneira divertida, amena e normalizada. Ademais, a colección ofrece unha serie de manualidades para facer en familia ou como recurso educativo nos centros escolares.

Aloxados na biblioteca infantil da Fundación ONCE, os "Contos que contaxian ilusión" son unha iniciativa que nace da idea orixinal de Concausa para mostrar aos nenos que é a discapacidade e fomentar neles valores como a non discriminación, o respecto ou a tolerancia.

En palabras de Sabina Lobato, directora de Formación e Emprego, Operacións e Transformación da Fundación ONCE, o obxectivo destas historias é que os máis pequenos coñezan a discapacidade e, sobre todo, a realidade de que se pode vivir con ela dunha forma normalizada.

A colección consta xa dun total de 11 títulos e pretende mostrar as vivencias de nenos e nenas con discapacidade a través das súas divertidas aventuras, posto que todos os contos están protagonizados por pequenos con discapacidade e, ademais, traducidos ao catalán, eúscaro, galego e inglés.

Desta forma, os nenos que se acheguen á biblioteca infantil da Fundación ONCE poderán coñecer a Pablo, Nacho, Aitor, Rosalía, Amador, Aurora, Silvina, Aneta, Calista, Regina e Ramón, todos eles pequenos que mostran os seus desexos de ser policías, tenistas, pilotos de aviación, espías, actores, locutores, bailaríns, poetas, xornalistas, cociñeiros ou paleontólogos nunha serie realizada por Eva Latonda e Maru García.

Os soños de todos eles atópanse baixo os títulos de 'Pablo García policía', "Nacho pista tenista", "Aitor aviador", "Rosalía a espía", "Amador actor", "Aurora locutora", "Silvina bailarina", "Aneta poeta", 'Calista xornalista', "Regina ás da cociña" e "Ramón paleontólogo de profesión", que son os contos que compoñen ata a data a colección.

Trátase de historias que pretenden ensinar aos máis pequenos que as persoas con discapacidade son moi capaces e que ofrecen actividades para facer en familia. Poden atoparse en http://bibliotecainfantil.fundaciononce.es/

Biblioteca infantil da Fundación ONCE

A biblioteca infantil da Fundación ONCE forma parte da biblioteca xeral da entidade (https://biblioteca.fundaciononce.es/), que conta actualmente cun total de 5.251 publicacións sobre discapacidade e que dispón de coleccións propias con 482 documentos. De todos estes títulos, poden consultarse online ou descargarse 1.188.

Desde que o Goberno central decretou o confinamento nos fogares para facer fronte á crise provocada polo coronavirus, as visitas online á biblioteca xeral da Fundación ONCE incrementáronse un 35,08% con respecto ao mesmo período de 2019.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal