Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Unha nai e a súa filla pequena usan unha tablet.

O blog 'A escola infantil na casa' posto en marcha pola Xunta rexistra máis de 33.000 visualizacións na súa primeira semana de funcionamento

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 14/04/20 (12:15)
  • Esta ferramenta permite que as nenas e nenos de 0 a 3 anos teñan material educativo que dea continuidade ás dinámicas das escolas infantís
  • Máis de 1500 profesionais das 172 escolas infantís da Rede Autonómica están a xerar novos contidos
  • A iniciativa foi eloxiada por Unicef Galicia o mesmo día do seu lanzamento

 

O blog A escola infantil na casa posto en marcha pola Xunta rexistrou máis de 33.000 visualizacións na súa primeira semana de funcionamento nos 90 vídeos publicados con actividades para as nenas e nenos de 0 a 3 anos.

Os máis de 1500 profesionais das 172 escolas infantís da Rede Autonómica están a desenvolver un traballo importante para xerar material educativo que permita ás familias acompañar aos máis pequenos en xogos educativos que dean continuidade ás dinámicas que se levan a cabo dentro das escolas infantís.

Dada a boa acollida do blog, que foi moi eloxiado por Unicef Galicia o mesmo día do seu lanzamento, todos os profesionais seguen traballando na elaboración de novos materiais que segan aportando novidades en canto aos contidos e permita manter ese fío condutor entre as escolas e as familias.

A estas actividades didácticas teñen acceso todas as nenas e nenos de Galicia, non só aqueles matriculados nalgunha das escolas infantís autonómicas no enderezo electrónico: https://www.escolasinfantisdegalicia.es/aescolainfantilnacasa/.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal