Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantallazo de AsistenciaCOVID-19.

As novas ferramentas tecnolóxicas de loita contra o COVID-19, accesibles para as persoas con discapacidade da man da Fundación ONCE

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 14/04/20 (08:55)
  • A Fundación ONCE participa no proxecto das novas ferramentas tecnolóxicas de loita contra o COVID-19 para que sexan accesibles para as persoas con discapacidade.

 

As novas ferramentas tecnolóxicas de loita contra o COVID-19 que o Goberno puxo en marcha son accesibles para as persoas con discapacidade grazas á participación da Fundación ONCE no proxecto.

Trátase da aplicación oficial de AsistenciaCOVID-19, impulsada polo Goberno para que a poboación poida facerse un autodiagnóstico do coronavirus, e do Hispabot-Covid19, unha canle de consulta sobre o COVID-19 a través de WhatsApp.

O Goberno informou este mércores da posta en marcha do asistente conversacional Hispabot-Covid19. É unha canle de consulta automática que utiliza a intelixencia artificial e a linguaxe natural para responder as inquietudes da cidadanía sobre o COVID-19 con información oficial, precisa e actualizada.

Hispabot-Covid19 é un servizo "chatbot" que permitirá aos cidadáns obter respostas inmediatas ás preguntas máis comúns sobre o coronavirus durante as 24 horas do día.

Ambos os servizos son accesibles para as persoas con discapacidade grazas á participación da Fundación ONCE no proxecto destas ferramentas tecnolóxicas.

AsistenciaCOVID-19

O obxectivo desta aplicación, posta en marcha o pasado luns pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial, é desconxestionar os teléfonos de atención sanitaria das diferentes comunidades autónomas, á vez que ofrecer información oficial e de confianza.

Técnicos do departamento de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE traballaron para que as persoas con discapacidade poidan acceder ao autodiagnóstico, ben sexa a través da aplicación, da web ou usando o chatbot desenvolvido para o proxecto.

Así, traballouse no correcto uso do idioma nalgúns elementos como, por exemplo, a lectura dos emojis ou iconas, a boa contextualización da cantidade de ligazóns e referencias que o chatbot prové, sendo fontes de recursos que complementan a información do propio compoñente, así como a correcta orde de lectura para persoas con discapacidade, que usan como ferramentas tecnolóxicas de apoio un lector de pantalla

A aplicación permite ofrecer recomendacións e pautas de actuación a través da solicitude dunha serie de datos de identificación e de saúde relacionados cos síntomas experimentados. Ademais, a través do sistema de xeolocalización vía GPS do teléfono móbil, con permiso do usuario, validará a comunidade autónoma na que se atopa para personalizar as respostas en función dos protocolos de cada unha delas.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal