Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Persoas falando con lingua de signos.

A Xunta amplía o servizo de videointerpretación para garantir ás persoas xordas o acceso aos teléfonos de emerxencia durante o confinamento

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 13/04/20 (08:24)
  • O seu funcionamento esténdese ás 24 horas do día todos os días da semana durante o estado de alarma
  • Esta ferramenta permite que a persoa usuaria poida obter información ou comunicarse entre outros co 112, 061, 012 ou o teléfono de información sobre o coronavirus 900 400 116
     

A Consellería de Política Social vén de ampliar ata as 24 horas ao día, sete días á semana, o servizo de videointerpretación que ofrece a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). Esta ferramenta permite que as persoas xordas poidan obter información ou comunicarse cos teléfonos de emerxencia, coma 112, 061, 012 ou o teléfono de información sobre o coronavirus 900 400 116.

Ata este momento, o servizo funcionaba de luns a venres de oito da mañá a oito da tarde. Agora pasará a funcionar de xeito ininterrumpido durante o estado de alarma. Esta ampliación garante o acceso das persoas xordas aos teléfonos de emerxencia durante o confinamento.

Tamén se ampliou o directorio de teléfonos aos que se pode chamar desde a aplicación de videointerpretación, para incluír tamén o teléfono gratuito do coronavirus (900 400 116), dedicado a resolver dúbidas e consultas relativas á pandemia, e outros servizos de emerxencia habilitados para calquera xestión.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal