O Goberno vén de estrear a súa aplicación oficial para achegar asistencia aos cidadáns na crise do COVID-19, podendo accederse a esta ferramenta vía web ou descargando a correspondente aplicación para Android ou para iPhone, aínda que esta iniciativa do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital ten unha aplicación desigual na xeografía española, de xeito que polo momento só sería válida para Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Estremadura e Asturias, remitindo ás aplicacións de cadansúa autonomía nos casos de Madrid, Cataluña e País Vasco e deixando desatendida a Galicia, aínda que dende o Goberno aseguran estar a traballar para ampliar a cobertura desta aplicación.
Asistencia COVID-19 permite recibir instrucións e recomendacións en función do estado de saúde dos usuarios, avalía o estado de saúde en función dos síntomas, axuda aos profesionais que traballa pola nosa seguridade e benestar e permite a autoavaliación cada 10 horas para manter actualizada a información sobre o estado de saúde. O principal obxectivo desta aplicación é desconxestionar os servizos de atención telefónica sobre o coronavirus, pero tamén pretende servir de referente na obtención de datos unificados e homoxéneos sobre o coronavirus, deixándose claro que a aplicación móbil non é un servizo de diagnose médica e, pese ás informacións que circulan, non realiza un seguimento da posición do usuario valéndose da localización de cada usuario, senón que os datos de posición empréganos unicamente para establecer a comunidade autónoma actual.
Rexístrate como: