Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Redes sociais e comunicación 2.0

O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta organiza un curso de “Redes sociais e comunicación 2.0” que se desenvolverá ao longo deste mes de xuño

 



  • O obxectivo deste programa de formación é ofrecer unha correcta capacitación  nas tarefas de acción solidaria a través de internet e as novas tecnoloxías

  • Poderase cursar en modalidade presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia CNTG, ou ben por videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova e A Cañiza.

  • O primeiro dos módulos comezará o próximo xoves 6 de xuño e mostrará as asistentes como as ferramentas 2.0 - baseadas na interacción e a participación- transformaron a maneira en que a sociedade actual se comunica.

  • Os tres módulos seguintes tratarán os temas de identidade dixital, o labor do community manager nunha organización e o mundo do crowdfunding.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 31/05/13 (12:50)

O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta organiza o curso "VOLUNTARIADO DIXITAL: Redes sociais e comunicación 2.0", enmarcado no Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado 2013, que se desenvolverá entre o 6 e o 28 de xuño.


O obxectivo deste programa de formación é ofrecer unha correcta capacitación  aos voluntari@s e persoal técnico das entidades de acción voluntaria adheridas ao programa Voluntariado Dixital, para orientalos nas súas tarefas de acción solidaria a través de internet e as novas tecnoloxías, aínda que está aberto a calquera persoa e/ou organización interesada nesta materia. Ata o momento, xa hay máis de 300 inscricións formalizadas.


O contido desta acción formativa estructúrase en 4 módulos de 8 horas de duración cada un, que poden ser cursados de maneira independente polo que as persoas interesadas en participar en máis dun deberán comprimentar os correspondentes formularios de inscrición e recibirán un certificado de asistencia por cada módulo que realicen.


Os contidos que abordará cada módulo son:



  • Módulo I: Redes sociales y comunicación 2.0

  • Módulo II: Identidade Dixital

  • Módulo III: Community Manager

  • Módulo IV: Crowdfunding

O curso é gratuito e poderase desenvolver ou ben en modalidade presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia CNTG en Santiago de Compostela ou ben por videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova e A Cañiza.


As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición, a través da seguinte ligazón da web de voluntariado galego:
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur


Para obter máis información pódese consultar a web de Voluntariado Dixital.


PRIMEIRO MÓDULO “REDES SOCIAIS E COMUNICACIÓN 2.0”


A primeira parte do curso ten como obxectivos mostrar aos asistentes como as novas tecnoloxías, os dispositivos móbiles e os servizos baseados na tecnoloxía web, revolucionaron o xeito en que accedemos á información e a maneira en que nos relacionamos co mundo que nos rodea. Ante o antigo modelo unidireccional, as ferramentas chamadas 2.0 - baseadas na interacción e a participación- transformaron a maneira en que a sociedade actual se comunica.


Asimesmo, a crise actual está forzando cambios nas organizacións de todos os sectores (público, empresarial e social), tanto nos seus obxectivos comunicativos como nos seus grupos de interese prioritarios.


O xoves 6 de xuño, os participantes asistirán a un módulo xenérico onde o poñente Víctor Gómez, consultor e formador nos ámbitos de innovación e marketing dixital, profundizará en mostrar como o mundo social, terá como un dos seus principais obxectivos de comunicación nos próximos anos a  captación de fondos, a colaboración entre as propias entidades do terceiro sector e o impulso da participación social e a mobilización cidadán, incidindo na transparencia como valor fundamental para a consecución des seus obxectivos.


O venres 7 de xuño, mostraranse exemplos de boas prácticas dos sectores turismo, hostelería, restauración e moda, que teñen implantado con éxito unha estratexia de comunicación dixital.

Tema: Xeral
Fonte: Voluntariado Dixital
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal