Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Mans sobre un teclado.

A Fundación ONCE e Inserta impulsan o Plan '#QuédateEnCasa' de formación en liña en habilidades para o emprego para as persoas con discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 27/03/20 (11:24)
A Fundación ONCE e Inserta, a súa entidade para a formación e o emprego das persoas con discapacidade, puxeron en marcha o Plan '#QuédateEnCasa', unha batería de cursos en liña para que quenes compoñen este colectivo poidan seguir formándose nestes momentos de crise sanitaria como consecuencia do COVID 19. Estes cursos, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, melloran as condicións de acceso ao emprego das persoas con discapacidade.
 
Esta oferta formativa gratuíta está composta por unha vintena de cursos divididos en tres bloques. Un deles céntrase en habilidades para a inserción no emprego, e aborda temas como mecanografía; manipulación de alimentos; redacción e presentación de informes; prevención de riscos; finanzas; vendas; orientación ao cliente; xestión do tempo na procura de emprego e emprendemento, entre outros.
 
Os outros dous bloques permitirán aos beneficiarios profundar nos seus coñecementos de idiomas, así como en destrezas das principais ferramentas tecnolóxicas que se requiren.
 
Os interesados poden escribir ao seguinte correo electrónico: atencioncliente.inserta@fundaciononce.es, indicando no asunto do mesmo 'teleformación'.
 
Inserta proporciona aos alumnos as destrezas profesionais que lles permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo e o desenvolvemento de aptitudes e habilidades persoais para conseguir a plena participación na súa contorna laboral e social. 
 
Estes cursos enmárcanse nos programas operativos de Inclusión Social e da Economía Social (Poises) e de Emprego Xuvenil (POEJ), que está a desenvolver Fundación ONCE a través de Inserta, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, para incrementar a formación e o emprego das persoas con discapacidade.
Tema: Xeral
Fonte: Fundación ONCE
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal