Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Lenzo con estampación de mans de nenos a modo de flores.

A Xunta pon en marcha o blog ‘A escola infantil na casa’ para achegar actividades aos máis pequenos durante o confinamento

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 01/04/20 (09:02)
  • A iniciativa con xogos, pautas e demais contidos está xa dispoñible
  • Esta proposta vai dirixida ás pequenas e pequenos de 0 a 3 anos, tamén ás súas nais e pais e a profesionais de educación de primeira infancia
     

A Xunta de Galicia pon en marcha o blog A escola infantil na casa que achega contidos e actividades ás familias con nenas e nenos máis pequenos. Esta iniciativa procura que as nais e pais galegos teñan acceso a xogos, pautas e propostas para entreter aos seus fillos e que continúen aprendendo durante esta etapa de confinamento.

A escola infantil na casa contará con contidos desenvolvidos polos profesionais educativos das escolas infantís da Consellería de Política Social, para que as familias teñan á súa disposición materiais necesarios para que o proceso de aprendizaxe siga máis alá das propias aulas.

Calquera familia pode acceder a este blog creado pola Consellería de Política Social. Polo tanto, ten un dobre obxectivo, ademais de avanzar no proceso educativos das nenas e nenos de 0 a 3 anos, serve para que as nais e pais coñezan de primeira man o traballo que se desenvolve durante o curso nas escolas infantís da Xunta de Galicia.

O blog A escola infantil na casa contará cun banco de recursos divididos en tres epígrafes: recursos para os nenos, acompañamento ás familias e compartindo estratexias cos equipos. Desta maneira, segundo as necesidades e interese do momento poderase botar man de diferentes ferramentas. Ademais, tamén terá unha canle de Youtube, onde se poderán seguir as diferentes tarefas a través dun vídeo explicativo.

 

Tema: Xeral
Fonte: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal