Starkey é un dos fabricantes de audífonos máis innovador do mercado e así o volveu a demostrar cos seus modelos Livio AI, que incorporan numerosa tecnoloxía para transformar estes dispositivos co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade auditiva.
Os novos Starkey Livio AI introducen novidades que fan que estes audífonos, que en principio tiñan como único obxectivo axudar a oír mellor ás persoas con discapacidade auditiva, vaian máis aló e se convertan nun compañeiro que mellorará a calidade de vida dos usuarios.
Os audífonos Livio AI incorporan baterías recargables e a tecnoloxía Hearing Reality para mellorar a calidade do son percibido, así como o sistema de cancelación de ruídos e asubíos.
Con todo, é na tecnoloxía adicional e na conectividade onde estes dispositivos supoñen unha verdadeira revolución.
Aos avances habituais como recibir música ou chamadas directamente no audífono, engádense outras novidades como a adaptación ás preferencias do usuario de forma automática en función da súa localización.
Así mesmo, os modelos Livio AI incorporan sensores que permiten analizar a actividade física e cerebral do usuario, avisar en caso de caída ou medir a frecuencia cardíaca.
Tamén a súa conexión co smartphone do usuario permite traducir unha conversa a 27 idiomas diferentes, transcribir conversacións para logo poder lelas no móbil.
Estas opcións están dispoñibles a través da tecnoloxía Thrive, unha app móbil que facilita ao máximo o control dos audífonos aos usuarios.
Rexístrate como: