Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Moza usando un ordenador.

O CPETIG e a Amtega poñen en marcha a campaña “Máis mulleres informáticas” para fomentar as vocacións TIC femininas

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 15/10/19 (09:28)
  • É unha iniciativa enmarcada no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent
  • A campaña será difundida en redes sociais e medios dixitais durante a segunda quincena de outubro

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pon en marcha unha campaña de sensibilización para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre as mulleres.

A campaña, enmárcase no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent, para impulsar as vocacións tecnolóxicas, os novos perfís dixitais e reforzar as capacidades dos profesionais que teñen que liderar a transformación dixital.

A peza principal da campaña é un vídeo de 40”, que se completa con tres colas de 20”, orientado a combater estereotipos e visibilizar as capacidades das mulleres para os estudos de Informática. O vídeo pecha coa reivindicación “Máis mulleres informáticas, programadas para que nada nos pare” 

A idea creativa trata de construír unha historia de motivación a través de actitudes e roles relacionados co papel atribuído históricamente á muller e establecendo a partir de aí vínculos con roles técnicos e ligados coa tecnoloxía. É dicir, trátase de utilizar como punto de partida as características emocionais e roles tradicionalmente femininos e, desde eles, facer unha transición natural cara a tarefas e responsabilidades propias do exercicio da enxeñaría informática.

Vídeo da iniciativa

Plan DigiTalent

Entre as actividades do Plan DigiTalent están aquelas orientadas a reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos científico-tecnolóxicos, nas que o alumnado feminino apenas se sitúa no 30%, e que se reflicte nas cifras de emprego no sector tecnolóxico, cunha porcentaxe do 31,6% de mulleres. 

Ademais, só o 9,7% das mulleres que traballa no sector desenvolve funciones TIC, fronte ao 40,9% dos homes e só o 15,2% das empresas TIC galegas contan con mulleres en postos de dirección, unha porcentaxe soa testemuñal nun tipo de posto onde predomina os homes. Esta situación aínda se acentúa máis cando se analiza o persoal dedicado a I+D+i, no que a presenza de mulleres está no 12,3%.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal