Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Tableta mostrando gráficos.

Monforte de Lemos acolle o obradoiro de comercio e banca electrónica impulsado pola Xunta e a Unión de Consumidores de Galicia

Versión para impresiónSend by email
Monforte de Lemos, 07/10/19 (18:31)
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, visitaron hoxe a actividade, que se prolongará durante catro sesións
  • A iniciativa impartirase nun total de 8 concellos

 

A “Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica” impulsada pola Xunta e a Unión de Consumidores de Galicia chega hoxe a Monforte de Lemos. Terá unha duración total de 8 horas, repartidas en catro sesións.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, achegáronse hoxe ata a aula CEMIT do concello para visitar ás participantes. En total, a iniciativa chegará durante os meses de setembro, outubro e novembro a oito concellos. Programáronse sesións, ademais de en Monforte de Lemos, na Estrada, Ordes, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Boiro, Monterroso e Moaña.

A escola sobre comercio e banca electrónica é unha aposta pola formación en novas tecnoloxías entre as mulleres do rural galego con fin de diminuír a fenda dixital, e por fomentar o apoderamento financeiro e a autonomía económica nun contexto onde estas transaccións de bens e servizos a través da rede están á orde do día.

Así, durante o obradoiro, as participantes adquirirán coñecementos e habilidades relacionadas coa banca e o comercio electrónico, coñecerán os seus dereitos como persoas consumidoras, así como as ferramentas necesarias para exercer estes dereitos.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal