Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

Publicada no DOG a orde de xuventude que permitirá incorporar a 3.000 mozos e mozas como voluntarios para proxectos solidarios


  • Trátase do primeiro programa en toda España que aposta polo compromiso social directo da mocidade.

  • Os participantes do Servizo de Voluntariado Xuvenil recibirán unha certificación oficial da experiencia adquirida, segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011.

  • Os programas que ten en marcha este área do departamento autonómico constitúen ferramentas de gran utilidade para facer da participación activa dos mozos e mozas a primeira fase do emprendemento.

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/05/13 (09:21)

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a orde que regula o Servizo de Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar. Esta iniciativa, que conta cun orzamento de 375.800 euros, permitirá incorporar a 3.000 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos como voluntarios nos proxectos solidarios de entidades de acción voluntaria e concellos.


Trátase do primeiro programa en toda España que aposta polo compromiso social directo da mocidade. Os participantes recibirán unha certificación oficial da experiencia adquirida, segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011.


Este tipo de iniciativas constitúen un exemplo da evolución que nos últimos catro anos ten experimentado a programación da Dirección Xeral de Xuventude, dun modelo baseado case en exclusiva na xestión do ocio e tempo libre, a programas vinculados á participación activa, ao emprendemento, á empregabilidade e á educación non formal da mocidade, puntos estratéxicos da primeira Lei de Xuventude de Galicia.


Os programas que ten en marcha este área do departamento autonómico constitúen ferramentas de gran utilidade para facer da participación activa dos mozos e mozas a primeira fase do emprendemento.


Cada unha das xornadas de voluntariado contará con 6 euros en concepto de transporte e manutención do voluntario. Para as entidades de acción voluntaria a axuda diaria será de 4 euros, para cubrir os gastos de seguro e de xestión.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal