Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

BrainAble: un proxecto cerebro-ordenador para persoas con discapacidade funcional severa


  • O proxecto coordinado por Barcelona Dixital está en fase de prototipo.

  • Os usuarios poden controlar os aparatos do fogar e acceder ás redes sociais.

  • Emprégase unha interface cerebro-ordenador con amplas posibilidades.

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 23/05/13 (12:50)

Segundo publica RTVE.es, o proxecto, BrainAble, tras tres anos de traballo e tres millóns de euros de investimento en I+D+i, xa se transformou en prototipo funcional que pasou tres ciclos distintos e foi desenvolvido por un equipo multidisciplinar coordinado por Barcelona Dixital: terapeutas, enxeñeiros e expertos en neuroloxía.


O obxectivo: mellorar a calidade de vida dos pacientes con discapacidade funcional severa. A forma de conseguilo: facilitar a forma de interactuar tanto coa electrónica física do fogar coma co ámbito social a través das redes.


Se desexa consultar a noticia completa pique aquí

Tema: Xeral
Fonte: RTVE.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal