Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

Google+ mellora a accesibilidade das videochamadas engadindo a linguaxe de signos


  • Google+ engadiu linguaxe de signos na súa aplicación de videollamadas coñecida como Hangout.

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 23/05/13 (12:33)

É importante que as novas tecnoloxías sempre inclúan opcións para xente con discapacidades, e por iso gústanos ver que Google, o motor de busca máis popular do momento, pensou en crear unha nova ferramenta para persoas xordomudas.


Google+ engadiu linguaxe de signos na súa aplicación de videollamadas coñecida como Hangout.


Esta nova aplicación permite que as persoas con dificultades auditivas poidan conversar sen problemas invitando un intérprete a unirse á conversación, quen aparecerá nun vídeo situado na parte superior dereita da ventá, e ocupará a posición central cando se dirixa aos outros usuarios.


Aínda non se ten moita información sobre os membros deste equipo de intérpretes, nin se o servizo estará só dispoñible en inglés ou en varios idiomas, de momento só se sabe que chegará de forma gradual.


Outra importante novidade introducida no servizo de videoconferencia é a posibilidade de utilizar os atallos de teclado que permiten realizar 8 accións diferentes, como por exemplo: silenciar ou activar o micrófono, activar ou desactivar a cámara, ou abrir e pechar unha conversación, sen necesidade de utilizar o rato.


Google está a contribuír en boa medida a facilitar a comunicación a distancia entre as persoas. Ademais, estas últimas innovacións facilitarán considerablemente o acceso e o seu uso por parte das persoas discapacitadas. 

Tema: Xeral
Fonte: Iwith.org
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal