Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel da xornada

A Comisión Europea presenta en Bilbao a Guía para a Innovación Social

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 23/05/13 (09:16)

Baixo o título Innovación Social, creando valor con e para as personas, Innobasque e a plataforma europea S3 organizan o 28 de xuño unha xornada centrada en coñecer como a innovación social está a avanzar en Europa. No encontro presentarase a Guía Europea para a Innovación Social, un libro publicado pola Comisión Europea en marzo que recolle exemplos de iniciativas en marcha en diferentes rexións da Unión, así como recomendacións ás administracións públicas para impulsar a innovación social. A guía inclúe entre as boas prácticas a estratexia de innovación social de Innobasque, Denokinn e o Centro de Innovación Social Bilbao Eutokia.


Durante a xornada presentarase tamén o Índice Rexional de Innovación Social Resindex, desenvolvido polo centro Sinnergiak da UPV/EHU e Innobasque. O índice é un proxecto dirixido a medir a innovación social a partir dun sistema de indicadores propio. O modelo permite identificar o impacto tanto dentro das organizacións como a nivel rexional, e na súa fase piloto se aplicou a 282 axentes de Euskadi, tanto empresas coma centros tecnolóxicos, universidades e organizacións sen ánimo de lucro. A intención é que este índice permita identificar de xeito máis claro a innovación social, detectar boas prácticas e promover novas políticas que axuden a estendela.


O encontro, que se celebrará na Sala BBK de Bilbao coa colaboración de Kutxabank, servirá ademais para dar a coñecer estratexias rexionais de innovación social postas en marcha tanto en Euskadi coma noutras rexións europeas dentro de 3S Platform, unha plataforma creada pola Comisión Europea para ofrecer asesoramento no desenvolvemento de estratexias de investigación e innovación.  

Tema: Xeral
Fonte: Euskadi Innova
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal