Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Premios Empodera 2013

Xa podes presentar a túa candidatura aos Premios Empodera 2013

 



  • Supoñen o recoñecemento a iniciativas orientadas ao uso social da tecnoloxía, paliando brechas sociais, xerando innovación social e propiciando o empoderamiento cidadán.

  • O prazo de presentación de candidaturas finaliza o vindeiro 31 de maio.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 22/05/13 (11:29)

Dende hai catro anos, a Fundación Cibervoluntarios http://www.cibervoluntarios.org/ convoca os PREMIOS EMPODERA, como recoñecemento ás iniciativas xurdidas no último ano, orientadas ao uso social da tecnoloxía, paliando brechas sociais, xerando innovación social e propiciando o empoderamiento cidadán. Un galardón que xa recibiron en edicións anteriores Richard S. Wurman, fundador de "T.E.D" ou Ethan Zuckerman, fundador da Rede Internacional de bloggers Global Voices co Premio á Traxectoria de Empoderamiento.


Estes galardóns supoñen o recoñecemento ao traballo realizado por todas as persoas que utilizan as novas tecnoloxías de forma innovadora coa finalidade de empoderar ás persoas e supón un referente nun tema innovador a nivel internacional. Se ti tes unha iniciativa ou coñeces algunha, non o dubides e presenta a túa candidatura aos PREMIOS EMPODERA. O prazo para presentar a túa candidatura finalizará o 31 de maio ás 24h.


Este 2013, os premios divídense en tres categorias seleccionadas entre iniciativas novas, nacidas entre Xaneiro do 2012 e maio do 2013. Os premios son os seguintes:


Premio Empodera 2013: De todas as iniciativas a Fundación Cibervoluntarios seleccionará sobre a base de orixinalidade, innovación e sostibilidade a 10 finalistas entre os candidatos que se presentasen aos premios. Gañará a candidatura que reciba máis votos dos cibervoluntarios.


Premio Empodera 2013 do público: De todas as iniciativas a Fundación Cibervoluntarios seleccionará sobre a base de orixinalidade, innovación e sostibilidade a 10 finalistas entre os candidatos que se presentasen aos premios. Gañará a candidatura que reciba máis votos en Facebook.


Premio Empodera 2013 á traxectoria: A Fundación Cibervoluntarios selecciona e fai entrega do Premio Empodera á Traxectoria a unha entidade ou persoa cuxo traballo considera que serviu e segue sendo unha fonte de inspiración no ámbito da innovacion sociotecnológica. A devandita entidade/persoa non ten que presentarse candidata aos premios, senón que é seleccionada pola entidade.

Tema: Xeral
Fonte: cibervoluntarios.org
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal