Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

Aspace gaña un premio nacional de novas tecnoloxías gracias ó proxecto "A radio dos gatos"

O certame Romper Barreiras premia desde fai cinco anos, en categoría individual e colectiva, diversas iniciativas que melloren a vida de discapacitados a través das novas tecnoloxías. Aspace afirma que o premio que gañou, 6.000 euros e dotación tecnolóxica, dedicarase á mellora do programa de radio, no que seis persoas con discapacidade informan os seus compañeiros na entidade coruñesa da actualidade do centro, as actividades organizadas e os aniversarios dos membros de forma semanal

Versión para impresiónSend by email
21/09/11 (09:16)

ANA LÓPEZ | A Coruña A Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (Aspace) na Coruña obtivo o premio Romper Barreiras grazas ao seu proxecto A radio dos gatos. A asociación, con sede en Sada, desenvolve desde o pasado febreiro este programa de radio no que seis usuarios do taller con parálise cerebral achegan cada venres quince minutos de información aos seus compañeiros.

Os redactores do programa atopan na radio dos gatos o medio para expresarse que necesitaban. "Falan das cousas do centro, os aniversarios, os dereitos das persoas con discapacidades, gravan anuncios en ton humorístico", di a titora da iniciativa de Aspace, María Rivas.

Tres do seis membros do equipo teñen dificultades para falar, así que contan co programa In-tic, grazas ao apoio da Universidade e de Espazo Coruña. In-tic é unha aplicación que transforma en audio o texto que os discapacitados escriben.

Rivas afirma que a parte do premio que corresponda á súa asociación dedicarase á mellora da radio dos gatos e a prolongar a súa continuidade a través da colaboración de máis participantes.

"O noso obxectivo é ter unha emisora desde a que podamos chegar a máis público que o interno de Aspace", asegura a titora do proxecto. E é que o programa radiofónico emítese a través da megafonía do centro, o único medio do que dispoñen ademais de Facebook, onde calquera interesado pode escoitar as emisións semanais.

O apoio de case 10.000 internautas ao longo de 106 días foi decisivo para gañar o premio Romper Barreiras 2011, que supón un importante pulo para a entidade. "Este premio significa romper barreiras no mundo da discapacidade", sostén o director xerente de Aspace Coruña, Eulogio López. Os premios nacionais Romper Barreiras, que se atopan na súa quinta edición, nacen para distinguir aqueles proxectos que axuden a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidades mediante o uso da tecnoloxía. Os principais organizadores do certame son Toshiba e B&J Adaptacións.

A asociación de persoas con parálise cerebral competía con outras 29 asociacións de toda España que tamén se presentaron ao certame, que este ano obtivo cinco veces máis votos na web que na última edición.

Os premios, que se entregarán en Barcelona o 6 de outubro, están dotados -para os gañadores das categorías individual e colectiva- de 6.000 euros, unha videocámara de alta definición e un cheque de B&J Adaptacións por valor de 1.500 euros.

Aspace Coruña atende na actualidade a máis de cen persoas con parálise cerebral, aos que ofrece servizos de comedor, fisioterapia, informática ou transporte adaptado. Desde febreiro conta ademais con este proxecto comunicativo, que facilita aos enfermos a posibilidade de expresarse.

Tema: Xeral
Fonte: laopinioncoruna
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal