Ferramentas 2.0 para a búsqueda de emprego
Data de inicio:
Mar, 02/07/2019
Colectivo de actuación:
Desempregados/as
Tipo do voluntariado:
Presencial
Lugar de celebración do Apoio Dixital:
Aula CeMIT
Descrición:
Charla na que se abordarán as principais ferramentas para a búsqueda de emprego na actualidade.
As novas tecnoloxías crean un novo escenario de cara a inserción laboral no mercado de traballo actual, con novos perfís profesionais, novas ferramentas de búsqueda e selección, novos escenarios e factores a ter en conta, etc.
Por iso, os contidos desta charla versarán sobre:
Marca persoal e identidade dixital nas redes sociais
Novos perfís profesionias na era dixita
Influencia das redes sociais e da web 2.0 na búsqueda de emprego (LinkedIN)
Entrevista por videoconferencia (Skype) e videocurrículum
Modelo Canvas aplicado á búsqueda de emprego
A Charla realizarase na aula CeMIT de Carballedo en colaboración co Servizo de Orientación Laboral do Concello, o vindeiro martes 11 de xuño en horario de 10:00 a 12:00 am.