Curso de seguridade en rede básico
Data de inicio:
Lun, 12/11/2018
Tipo do voluntariado:
Presencial
Descrición:
A Asociación Chantada contra o Cancro solicita a participación dunha persoa voluntaria para a realización dun curso de seguridade en rede básico na aula CeMIT de Chantada destinado a este colectivo. Os contidos do curso poderán axustarse ao que os usuarios/as precisen e demanden. A data de comezo do apoio é o 12 de novembro, e dividirase en varias sesións de dúas horas de duración en horario mañá.