Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Colaboración na Maker Faire Galicia 2017

Versión para impresiónSend by email
Entidade:
Data de inicio:
Sáb, 25/11/2017
Colectivo de actuación:
Outros
Tipo do voluntariado:
Presencial
Provincia:
A Coruña
Localidade:
Santiago de Compostela
Perfil/requisitos:
Persoa dinámica, con afán participativo
Descrición:
Dende VOLDIX precisamos 14 persoas voluntarias con curiosidade e espírito participativo, para a realización de tarefas de apoio na preparación e desenvolvemento de varios obradoiros para nenos a partir de 6 anos (arduino, plastilina condutiva...)  que se desenvolverán dentro do marco da Maker Faire Galicia 2017 que terá lugar os días 25 e 26 de novembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Para máis información podedes consultar a súa web  https://galicia.makerfaire.com/edicion-2017. O horario do apoio será de 9.00 a 14.00 horas que se distribuirán en dúas quendas de 7 persoas, unha para cada día. As persoas participantes realizaredes as seguintes tarefas: 5 persoas permaneceredes durante os obradoiros como auxiliares de información, listaxe de asistentes, acompañamento e reposición de material; 2 persoas estaredes situadas na recepción para formalizar as inscricións e facilitar información aos asistentes. @s voluntari@s interesados, poderedes participar os dous días en calquera das tarefas dispoñibles. Así mesmo, os voluntarios/as participantes poderedes desfrutar de acceso gratuíto ao espazo da Maker Faire durante toda a xornada do sábado e do domingo.  
Número de vacantes:
14
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal