CURSO DE SMARTPHONE PARA SENIORS
Entidade:
Biblioteca Pública da Coruña
Data de inicio:
Xov, 21/04/2016
Colectivo de actuación:
Persoas maiores
Tipo do voluntariado:
Presencial
Descrición:
Introdución ao uso dos teléfonos smartphone para seniors. Nivel elemental.
Esta actividade pretende ensinar a manexar os novos teléfonos móbiles, aprender a utilizar as vantaxes que ofrecen na vida diaria: novas formas de entretemento (lectura, música, libros, xogos, turismo, museos, monumentos, cultura, gastronomía, TV...), maior relación cos demais (redes sociais, intercambio de fotos e vídeos, mensaxería por Internet...), unha mellor información (noticias e prensa on-line...), aplicacións de servizos xerais (accesibilidade, administración electrónica, m-saúde), e todo isto no peto e a calquera hora.
O curso está orientado a persoas que teñen este tipo de teléfonos “intelixentes” pero que se atopan con dificultades para usalos. Contido: 1. Que é e como é un Smartphone? 2. Chamar 3. Recibir chamadas 4. A axenda de contactos 5. A cámara de fotos e vídeo 6. Conectarse a Internet 7. Descargar aplicacións 8. Uso de Whatsapp.
Destinatarios: maiores de 60 anos Número de prazas: 12
Datas: tres sesións independentes, a escoller unha delas: 21 de abril, 5 de maio ou 26 de maio de 2016, en horario de 17 a 20 horas.