POSICIONAMENTO E MARKETING DIXITAL NA MARCA PERSOAL: EMPRENDEDORES E PARTICULARES EN BUSCA DE EMPREGO
Entidade:
Biblioteca Pública da Coruña
Data de inicio:
Ven, 13/11/2015
Colectivo de actuación:
Desempregados/as
Tipo do voluntariado:
Presencial
Descrición:
POSICIONAMENTO E MARKETING DIXITAL NA MARCA PERSOAL: EMPRENDEDORES E PARTICULARES EN BUSCA DE EMPREGO. Curso de formación para profundar no novo paradigma dos procesos de selección. Traballarase a marca persoal buscando os diferenciais de cada un. Deseñarase unha estratexia dixital presentando as ferramentas máis eficaces das que facer uso, como son os xestores de contido web, os social media, o posicionamento dixital e a monitorización da imaxe dixital. Contidos: 1. Definición de Marca persoal. Algunhas ideas e reflexións básicas 2. Importancia do 'Branding' na Sociedade da Información e a Comunicación 3. Ingredientes fundamentais da túa marca persoal 4. Como elaborar a túa propia estratexia de marca persoal 5. Marca persoal e emprego 2.0. O teu curriculum como marca 6. Como posicionar a túa marca: a. Conceptos básicos de SEO b. Páxinas web / blogs. c. O uso de redes sociais d. Outras ferramentas 7. Branding de empresa e marcas persoais. Marca, Mercadotecnia e Emocións 8. Reputación dixital 9. Erros a evitar na construción da túa marca persoal.
Actividade formativa pertencente ao Proxecto CeMIT-Innova de innovación social dixital: Encaixa no Emprego. Terán preferencia os asistentes a actividades realizadas neste proxecto. Datas: os venres 13, 20 e 27 de novembro de 2015. Horario: 17.30-21 h