INTERNET PARA PERSOAS MAIORES
Entidade:
Biblioteca Pública da Coruña
Data de inicio:
Lun, 18/05/2015
Colectivo de actuación:
Persoas maiores
Tipo do voluntariado:
Presencial
Perfil/requisitos:
Voluntario con capacidade para comunicar con sinxeleza os fundamentos da Internet a persoas de avanzada idade
Descrición:
- Destinatarios: persoas maiores que cumpran os seguintes requisitos: Idade mínima: 55 anos ; Situación laboral: recoméndase para persoas xubiladas ou prexubiladas ; Utilizar a nivel básico (mínimo) un ordenador: manexo do rato e do teclado ademais de coñecementos sobre que é un ficheiro e a organización de cartafoles.
- Obxectivos: Identificar os servizos electrónicos que ofrece a Internet ; Localizar na Internet páxinas de interese sobre temáticas concretas empregando motores de busca ; Empregar os recursos dispoñibles na Internet para comunicarse con outras persoas (mensaxaría instantánea e vídeoconferencia, telefonía IP, correo electrónico)
- Contidos: Que é a Internet e que servizos ofrece? ; Recursos na web para maiores ; Aproveitar o tempo libre sen saír da casa ; O correo electrónico ; Mensaxaría instantánea. Comunícate