Curso de iniciación á informática
Entidade:
CONCELLO DE PONTECESURES
Data de inicio:
Ven, 02/08/2013
Tipo do voluntariado:
Presencial
Perfil/requisitos:
Ser veciño/a de Pontecesures ou entorno máis próximo.
Descrición:
Solicítase persoa voluntaria para impartir un curso destinado a persoas da terceira idade que desexen iniciarse no mundo das novas tecnoloxías e aprender a utilizalas no día a día (correo electrónico, solicitude de consultas médicas, xestións bancarias, etc). A acción formativa terá lugar durante o mes de agosto 1 día á semana, preferiblemente os venres, e cada sesión terá unha duración de 2 horas.