Obradoiro práctico destinado a achegar ás persoas participantes ao uso dos servizos na nube e ás posibilidades que ofrecen para almacenar, organizar, compartir e acceder á información desde diferentes dispositivos.
Contidos a tratar: introdución ao concepto de nube, principais utilidades e vantaxes, almacenamento e organización de documentos e fotografías, acceso e sincronización desde distintos dispositivos, uso compartido de arquivos e carpetas e recomendacións básicas de seguridade e privacidade. O obradoiro deberá ter un carácter eminentemente práctico, facilitando que as persoas participantes poidan aplicar os coñecementos adquiridos no seu día a día.
Búscanse persoas voluntarias con coñecementos ou experiencia neste ámbito para impartir 1 ou 2 xornadas de 2 horas de duración ao día, en horario de tarde, entre as 16:00 e as 21:00 horas.