Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

APOIO NA HORA DO CÓDIGO

Versión para impresiónSend by email
Entidade:
CONCELLO DE MOS
Data de inicio:
Mar, 26/11/2024
Colectivo de actuación:
Outros
Tipo do voluntariado:
Presencial
Provincia:
Pontevedra
Localidade:
Mos
Lugar de celebración do Apoio Dixital:
CEIP,s E IES DE MOS
Perfil/requisitos:
Voluntario/a con coñecementos en programación ou no tema obxecto da actividade
Descrición:
A hora do código é unha iniciativa global que ten como obxectivo acercar aos estudantes de todas as idades ao mundo da programación e a tecnoloxía. Durante unha hora os estudantes terán a oportunidade de aprender os conceptos básicos da programación mediante actividades interactivas e lúdica. Esta actividade non só busca ensinar aos nenos a programar, se non tamén fomentar entre eles o pensamento lóxico, a resolución de problema e a creatividade. Esta actividade vai destinada ao alumnado  de 4º de primaria dos CEIP s´ e 3º da ESO ( 2 grupos)  e 4º da ESO ( un grupo) , do IES de Mos. METODOLOXÍA Nesta actividade constará de dúas sesións por grupo. Nunha sesión,  se explicará que é un software, que tipos existen e como se utilizan. Presentación de conceptos básicos de programación e de exemplos sinxelos. Mostraranse recursos en liña e plataformas onde os estudantes permiten empezar e explorar pola súa conta. Na seguinte sesión “ Hora del Código” farase unha breve introdución de programación e se explicarán os obxectivos da actividade . Execución da hora do código utilizando plataformas Code.org, onde os estudantes poderán resolver puzzles e desafíos. DATAS: 1ª SESIÓN 2º SESIÓN 26/11/2024 2/12/2024 26/11/2024 2/12/2024 26/11/2024 2/12/2024 27/11/2024 03/12/2024 27/11/2024 03/12/2024 28/11/2024 04/12/2024 Serían 2 sesións en cada centro.
Número de vacantes:
2
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal