Servizos telemáticos de emprego en Galicia
Entidade:
Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)
Data de inicio:
Ven, 01/07/2022
Colectivo de actuación:
Persoas con discapacidade
Tipo do voluntariado:
Presencial
Lugar de celebración do Apoio Dixital:
Aula CeMIT de Narón
Descrición:
A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) solicita a colaboración dunha persoa voluntaria para a realización do curso "Servizos telemáticos de emprego en Galicia para usuarios/as xordos/as" na aula CeMIT de Narón. Os contidos formativos a tratar son os seguintes: Para que serven os servizos telemáticos; Principais servizos telemáticos de emprego en Galicia; Coñece o básico do portal de emprego da Xunta de Galicia; Oficina Virtual de Emprego da Xunta de Galicia; Aplicación Mobem; O básico da oficina virtual do emprego autónomo. Igualmente a Asociación proporcionará á persoa voluntaria un guión que sirva como base para o desenvolvemento da formación. O horario está aberto á dispoñibilidade da persoa voluntaria.