A aula CeMIT de Allariz solicita a participación dunha persoa voluntaria para a execución do curso Robótica e Impresión 3D no que se tratarán tecnoloxías de robótica educativa-maker (Arduino) e o proceso de modelado e impresión 3D (Tinkercad e Cura). Farase unha Masterclass de 30 minutos para programar un miniproxecto arduino e 1 masterclass de 30 minutos para modelar e imprimir un proxecto de 3D.