Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

VIII Scratch Day

Versión para impresiónSend by email
Descrición:

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) abre o período de inscrición para o seu programa de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade. O “Scratch Day” celebrará este ano a súa oitava edición, sendo este un dos contidos máis destacados dentro do marco de colaboración que o ente colexial mantén coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia – Amtega, e que está deseñado para achegar aos máis novos, pero tamén aos seus pais e nais, e aos formadores interesados, ás novas tecnoloxías, á linguaxe de programación e á informática.

O Scratch Day 2023 estará centrado na temática da gamificación e do entorno dos videoxogos. Os tres públicos obxectivos aos que se dirixe esta actividade lúdico-formativa son: nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos; os seus pais, nais ou titores, e a comunidade de profesores, formadores e directores de centros de ensino interesados en aplicar a tecnoloxía e a linguaxe Scratch nas súas aulas. Esta formación teórico-práctica desenvolverase o vindeiro sábado 7 de outubro en formato intensivo de 9:00 a 14:00 horas no salón de convencións do edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.


Lugar:
Salón de Convención do Edificio CINC na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

Data inicio:
Sáb, 07/10/2023

Horario:
De 09:00 a 14:00 h


Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal