Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

I XORNADA DE BOAS PRÁCTICAS EN TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a través do Programa Voluntariado Dixital, acaba de lanzar a liña estratéxica de traballo de "Tecnoloxía para a Inclusión Social".

Co obxectivo de amosar diferentes boas prácticas relacionadas con esta materia, organízase esta xornada o próximo 23 de novembro de 2012, para contribuír ao coñecemento da realidade social, e ao prantexamento da utilidade e da idoneidade das TIC como complemento e solución a determinados problemas sociais.

Versión para impresiónSend by email
Edificio CERSIA. Alcalde Raimundo López Pol, s/n (San Lázaro), Santiago de Compostela., 23/11/12 (09:45)

Data:  Venres, 23 de novembro 

Horario: 09:45 - 14:30 horas

Lugar:Edificio CERSIA. Alcalde Raimundo López Pol, s/n (San Lázaro), Santiago de Compostela.

Destinatarios: Entidades de acción social, empresas TIC, representantes da administración e en xeral persoas interesadas do mundo social, solidario e TIC.

Obxectivo: Crear puntos de encontro e debate, onde se dean a coñecer solucións tecnolóxicas do ámbito social desenvolvidas por empresas TIC galegas, para difundilas entre as entidades de acción social de Galicia.

Para formalizar a inscrición poden facelo a través do correo electrónico voluntariadodixital@xunta.es, antes do xoves 22 de novembro de 2012.

Programa da xornada

Tema: Xeral
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal