Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel da xornada

As novas tecnoloxías aplicadas á lesión medular, protagonistas nas II Jornadas da FLM e a Universidade Camilo José Cela

  • A Fundación do Lesionado Medular (FLM) e a Universidade Camilo José Cela (UCJC) organizaron o xoves 12 de maio as II Xornadas de ‘Novas tecnoloxías aplicadas á lesión medular’.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 13/05/16 (08:37)

A Fundación do Lesionado Medular (FLM) e a Universidade Camilo José Cela (UCJC) organizaron o xoves, 12 de maio, as II Xornadas de "Novas tecnoloxías aplicadas á lesión medular". O encontro tivo lugar na sede da FLM, sita en Camiño de Valderribas, 115, en Madrid.

No evento abordáronse temas como as novas tecnoloxías en terapia ocupacional, as novas tecnoloxías aplicadas ao traballo en fisioterapia, Brain Computer Interface Technology for SCI, as novas actualizacións en cadeiras de rodas e o poder rehabilitador da radio.

A inauguración das xornadas, dirixidas a fisioterapeutas e estudantes de Fisioterapia, CAFD, Enfermaría e Psicoloxía, correu a cargo da doutora Val Marrero, decana de Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade Camilo José Cela, e Ana Soriano, directora da Fundación do Lesionado Medular. Tamén participaron outros expertos en novas tecnoloxías.

Máis información na Web Oficial da FLM e na Web Oficial de Facebook da UCJC.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal