Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo do concurso

32 Concurso Escolar da ONCE e a súa Fundación: “Descubrir o teu talento cambiao todo”

  • Escolares de Ourense, Sevilla, Las Palmas, Valladolid e Córdoba, campións absolutos.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 13/05/16 (08:25)

Estudantes do CEIP Castrelo de Miño (Ourense), o CEIP San José de Calasanz (Sevilla), o IES La Isleta (Las Palmas de Gran Canaria), o Centro Didáctico Recoletas (Valladolid) e o IES Profesor Tierno Galván (Córdoba), foron seleccionados como gañadores absolutos da 32 edición do Concurso Escolar da ONCE e a súa Fundación, nas súas distintas categorías.

Baixo a lema "Descubrir o teu talento cámbiao todo", este programa de sensibilización educativa quixo fomentar valores como a solidariedade e a importancia da igualdade de oportunidades entre persoas con e sen discapacidade para conseguir unha sociedade máis xusta e inclusiva.

Ademais, traballar esta temática resultou útil para o profesorado á hora de facer fronte a dúas dificultades que se poden atopar nas propias aulas: a resolución de conflitos e a autoestima dos escolares.

No Concurso Escolar participaron alumnos dos centros educativos españois públicos, concertados e privados, desde Primaria (de 3º a 6º) até Bacharelato, ademais de Educación Especial e Formación Profesional. A participación realizouse por aula completa co seu respectivo docente. As categorías foron: A (3º, 4º de Ed. Primaria); B (5º e 6º de Ed. Primaria); C (Ed. Secundaria e FP Básica); D (Bacharelato e Formación Profesional Media e Superior), e E (Ed. Especial).

Cada grupo ou aula participante subiu á web do Concurso unha composición fotográfica realizada polos escolares que reflicta o que aprenderon sobre o talento e as diversas capacidades. Foi acompañada dunha breve descrición do que queren transmitir coa súa composición e unha frase que resuma a multiplicidade de talentos.

Para a realización da composición os alumnos puideron seleccionar recortes de revistas e xornais, utilizar imaxes de internet, facer fotos eles mesmos ou realizar unha mestura das opcións anteriores. Ademais, os alumnos contaron con tódalas técnicas ás que poidan acceder, desde as máis tradicionais, como o collage (co uso de pegamento e tesoiras), a calquera programa de computador que lles permita tratar imaxes (photoshop, editores en liña).

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal