Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cubetto

Cubetto, o robot que ensina aos nenos programación

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 21/03/16 (09:16)

O funcionamento do robot Cubetto é moi sinxelo. O droide vén cun taboleiro composto de 16 bloques de cores nos que os máis pequenos da casa poderán programar distintas funcións relacionadas co movemento do gadget: diante, detrás, esquerda, dereita... etc.

Os nenos terán que facer que o robot percorra un mapa segundo a historia que vén co kit. Desta forma, enchendo diferentes liñas e activando as secuencias que engadamos, o pequeno irá aprendendo nocións básicas de código.

Outra característica interesante é que o robot Cubetto non quedará obsoleto, xa que foi desenvolvido en linguaxe Arduino para que se amplíen as súas funcións. Adicionalmente, Primo Toys tamén quere vender paquetes para que poidan vivir distintas aventuras.

Unha das funcións máis atractivas deste androide é que é compatible con Bluetooth, polo que estarían a preparar unha aplicación que permitise aos pequenos programar desde os seus dispositivos móbiles.

"Empezar a programar a idades temperás dálles unha vantaxe, e comezando con algo divertido, que realmente gozan, significa que aprenden máis rápido e mellor", sinalan os seus creadores.

A idea dun xoguete que ensine a programar sen necesidade de ter unha pantalla diante foi moi ben recibida. E é que Cubetto xa superou a recadación que tiñan pensada, excedendo os 450.000 dólares.

Isto significa que poderemos ver a Cubetto nos andeis das jugueterías nun futuro próximo. Se alguén quere botarlles unha man para financiar o proxecto e, ademais, quere levar un destes divertidos xoguetes a casa, só terá que desembolsar 195 dólares. Iso si, terá que esperar a setembro, data na que estaría programada a entrega.

Tema: Xeral
Fonte: TICBeat
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal