Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Premios SERES 2016

Aberto o prazo para a presentación de candidaturas da 7ª edición Premios SERES á innovación e ao compromiso social

  • Fundación SERES convoca a sétima edición dos Premios SERES. Uns galardóns que son o recoñecemento ás mellores actuacións estratéxicas e innovadoras que xeneran valor para a sociedade e a empresa.
  • O prazo de entrega das candidaturas remata o 27 de maio ás 11:00 horas.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 18/03/16 (09:50)

Fundación SERES, Sociedade e Empresa Responsable convoca a 7ª edición dos seus premios á Innovación e Compromiso Social da Empresa. Estes galardóns son un recoñecemento, que axuda a promover a acción social empresarial mediante a comunicación dos casos reais que desenvolven distintas empresas e a contaxiar a outras compañías a que inicien un camiño que xere valor para a sociedade e para a empresa.

Fundación SERES inspira a xestión social estratéxica. Hoxe xa son 123 empresas e institucións as que forma parte deste proxecto e representan máis dun 20% do PIB español. O obxectivo que persegue a Fundación é impulsar actuacións sociais das empresas e transformar a realidade empresarial para construír unha sociedade mellor e máis sa e unha empresa máis forte.

SERES esfórzase en favorecer a aprendizaxe individual e colectiva, impulsando que se faga máis e mellor acción social, resolvendo problemas sociais reais e creando valor para as empresas. A Fundación cre firmemente na innovación social como elemento indispensable para afrontar os retos, que se expoñen aos actuais xestores empresariais. Facemos que todo isto "suceda" a través: da creación de valor, da métrica e a sustentabilidade no tempo. Queremos ser un referente de espazo común, impulsando, innovando, provocando, colaborando, traballando, compartindo coñecemento e proporcionando ferramentas, que faciliten o traballo do xestor.

As empresas interesadas en participar nos premios SERES poderán presentar a súa candidatura antes das 11:00 horas do 27 de maio de 2016. As candidaturas deben ser actuacións sociais cuxos beneficiarios sexan colectivos en risco de exclusión.

O xurado terá en conta o valor social e empresarial, o carácter innovador e a integración da actuación social na estratexia da compañía, con independencia do tamaño ou foco social da empresa. O proceso de inscrición é sinxelo para que as empresas que queiran presentar a súa candidatura poidan facelo no menor tempo posible. Só é necesario encher un formulario e achegar un resumo da actuación presentada.

Xa son vinte e unha as empresas que recibiron un premio SERES polo seu papel na mellora da sociedade. As empresas galardoadas foron: Accenture, Acciona, Batec Mobility, BBVA, Clínica Rementería, Danone, DKV, Endesa, Ferrovial, Fundación Bancaria "La Caixa", Fundación Telefónica, Grupo Norte, Grupo Siro, Grupo VIPS, Indra, Infojobs, MicroBank (La Caixa), MRW, NH Hoteis, Supracafé, Telefónica.

Sobre Fundación Seres -"Creando valor desde a Acción Social"
Fundación SERES promove o compromiso das empresas na mellora da sociedade con actuacións responsables aliñadas coa estratexia da compañía e xerando valor para todos. SERES agrupa a 123 empresas que perseguen que se faga máis e mellor Responsabilidade Social Corporativa realizando actuacións empresariais de carácter estratéxico, e por tanto sustentables no tempo, que contribúan á integración social das persoas desfavorecidas. Cremos na importancia das actuacións das empresas para a mellora da realidade social.
 

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Seres
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal