Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Man biónica

Youbionic aspira a crear unha man biónica funcional que poida ser imprimida en 3d

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 18/11/14 (10:31)

Imaxinádevos ter unha man biónica por só 1.000 euros. Iso é o que aspira a conseguir Youbionic co desenvolvemento desta man biónica funcional utilizando a impresión 3D e compoñentes de Arduino. Malia que aínda está en fase de prototipo, a compañía di que a súa investigación dará lugar a unha prótese de man que custe unha décima parte ou menos que outros modelos no mercado, como i-Limb ou bebionic myoelectric hand.

O seu desenvolvedor, Federico Ciccarese, sinala que toda a man se pode facer nunha soa peza e unha copia de impresión, polo que non necesitará ser montada despois. Naturalmente serán mans biónicas máis sinxelas que as punteiras que agora se desenvolven, pero o seu punto forte reside no seu baixo custo e na flexibilidade na personalización.

Youbionic non é a única iniciativa para democratiza-las extremidades biónicas, e que O home do seis millóns de dólares estea máis preto que nunca. Un enxeñeiro de General Electric está a desenvolver un kit DIY (Do It Yourself) dunha man biónica ao redor da impresión en 3D, mentres que o Movemento Maker está centrado no e-nable, que reúne a unha rede de voluntarios para deseñar e crear mans protésicas básicas para polas a disposición dos necesitados de forma gratuíta.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka Ciencia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal