Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Exoesqueleto robótico

Presentan un exoesqueleto robótico como alternativa a la silla de ruedas

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 18/11/14 (09:17)

Investigadores da unidade de locomoción do grupo de rehabilitación neural do Instituto Cajal do CSIC presentaron no marco da conferencia internacional de tecnoloxías emerxentes do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), un exoesqueleto robótico que permitirá substituír ás cadeiras de rodas.

Trátase dunha especie de carcasa non invasiva que viste por fóra aos lesionados medulares para axudarlles a levar a cabo tarefas cotiás, permitíndolles facer cousas que antes non podían e presentándose como "a alternativa óptima" ás cadeiras de rodas que utilizan as persoas con este tipo de lesión.

Ademais do uso persoal, o exoesqueleto ten aplicación na rehabilitación clínica de lesións medulares, xa que permitiría ser máis preciso, repetitivo e intenso na aplicación da terapia de forma automatizada. De momento, o equipo de investigación conseguiu demostrar que este novo sistema é adecuado para ser usado en pacientes de forma segura e que poden ser compatibles cunha intervención terapéutica en clínica.

Segundo o principal responsable do proxecto "cada vez crese máis que é necesario combinar terapias e tecnoloxías para optimizar os resultados clínicos". En concreto, apuntou que se traballa en técnicas de neuromodulación ou estimulación con correntes ou campos magnéticos externos combinadas cos exoesqueletos e mesmo con terapias farmacolóxicas.

Na súa opinión, a futura solución para que os afectados por unha lesión medular poidan volver andar reside en "fármacos ou transplantes que reparen o dano neurolóxico, combinado con tecnoloxías como os exoesqueletos, que axudan a guiar o movemento e reaprender a andar de forma máis fácil e cómoda".

O investigador declarou que cada vez están "máis preto de xerar exoesqueletos robóticos que poidan vestir a un paciente lesionado medular para levar a cabo actividades da súa vida diaria, que antes non podía facer porque só tiña a cadeira de rodas". Ademais, incidiu en que o produto se podería acoutar ás características de cada paciente para que fose máis viable" e usarse non só para lesionados medulares, senón tamén para afectados por accidentes cardiovasculares ou enfermos de párkinson.

O obxectivo é chegar a desenvolver unha gama de produtos modulares nun futuro non moi afastado, que segundo os seus responsables "poderíase acoutar ás características de cada paciente para que fose máis viable" e usarse non só para lesionados medulares, senón tamén para afectados por accidentes cardiovasculares ou enfermos de párkinson.

Actualmente, o equipo de investigadores pretende estender os estudos clínicos a diferentes centros de España, coa previsión de que poida converterse nunha realidade dentro do sistema hospitalario nun prazo dun catro ou cinco anos.

Con todo, como sistema de substitución de asistencia na vida diaria, require un prazo maior para mellorar o desenvolvemento tecnolóxico. Neste sentido, indicouse a necesidade de optimiza-los sistemas para que sexan máis pequenos e lixeiros, así como resolve-la forma na que actúa o propio sistema co usuario e mellora-la súa usabilidade.

Tema: Xeral
Fonte: Revista de innovación
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal