Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Apoio para a xestión dun blog propio cun grupo de persoas con dano cerebral adquirido

Versión para impresiónSend by email
Entidade:
Asociacion de Dano Cerebral de Compostela Sarela
Data:
Mér, 13/09/2017
Colectivo de actuación:
Persoas con discapacidade
Tipoloxía do apoio:
Creación dun Blog
Provincia:
A Coruña
Localidade:
Santiago de Compostela
Perfil/requisitos:
Responsabilidade e compromiso
Descrición:
A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela é unha endidade sen ánimo de lucro creada en decembro do 2000 por familiares e persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e que desenvolve a súa labor fundamentalmente nos concellos que configuran a área sanitaria de Santiago. Un dos Servizos que ten a entidade é o Servicio de Atención Diurna Terapéutica (SADT), no que se proporciona atención integral e especializada ás persoas con DCA e aos seu familiares. As persoas usuarias do SADT realizan actividades na contorna comunitaria, desenvolven as súas habilidades e reciben os tratamentos de mantemento que precisen. Unha das actividades que levan a cabo é "Espacio DCA" (http://espaciodca.fedace.org/). Esta actividade forma parte dun proxecto da Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) na que participan máis de 10 entidades de toda España. Este "espazo" é un blog que teñen 5 persoas con DCA da entidade, a través deste poden comunicarse con outras persoas, crear entradas personalizadas, participar en foros, etc. É unha actividade na que requiren un bo manexo das novas tecnoloxías, e en ocasións, debido ás secuelas, precisan apoios e adaptacións. É aquí onde entraría o voluntariado dixital, unha persoa que poida dar apoio ás persoas con DCA nas súas dificultades para acceder ás novas tecnoloxías (uso do procesador de textos, creación de carpetas, acceso a internet, busca de información na rede, manexo do blog...). Esta actividade está dirixida por un profesional da entidade, que indicará á persoa voluntaria en todo momento que apoios específicos precisa a cada persoa con DCA. O apoio consistiría en 1 ou 2 días á semana durante 3 meses segundo dispoñibilidade da persoa voluntaria, en horario de mañá de 10:00 a 11:15 os mércores e venres.
Número de vacantes:
1
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Galicia