Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Apoio para a creación dun arquivo audiovisual da historia de Sarela

Versión para impresiónSend by email
Entidade:
Asociacion de Dano Cerebral de Compostela Sarela
Data:
Dom, 01/10/2017
Colectivo de actuación:
Persoas con discapacidade
Tipoloxía do apoio:
Contidos dixitais
Provincia:
A Coruña
Localidade:
Santiago de Compostela
Perfil/requisitos:
Responsabilidade e Compromiso
Descrición:
A Asociación de Dano Cerebral de Compostela é unha entidade sen ánimo de lucro creada en decembro de 2000 por familiares e persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e que desenvolve a súa labor fundamentalmente nos concellos que configuran a área sanitaria de Santiago. Nesta era de comunicación e novas tecnoloxías gustaríanos contar cunha persoa voluntaria dixital para apoiarnos na creación dun Arquivo Audiovisual que mostre a Historia de Sarela (desde o ano 2000 ata o presente), a través do cal, con imaxes, vídeos, publicacións de prensa e demais, se poida ver toda a súa traxectoria. O apoio tería a supervisión do responsable de comunicación e consistiría en 1-2 días á semana, entre 1 e 2 horas en horario de mañá durante 3 meses (outubro-decembro), a concretar segundo compatibilidade de horario da persoa voluntaria.
Número de vacantes:
1
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Galicia