Apoio na preparación e desenvolvemento da Maker Faire Galicia
Data de inicio:
Ven, 30/09/2016
Colectivo de actuación:
Outros
Tipo do voluntariado:
Presencial
Localidade:
Santiago de Compostela
Descrición:
Precisamos persoas voluntarias con curiosidade e moitas ganas, que apoien na preparación e desenvolvemento da Maker Faire Galicia que terá lugar os días 1 e 2 de outubro no Pazo de Congresos de Santiago.
Despois do éxito da Compostela Mini Maker Faire do ano pasado con máis de 18000 visitantes e 138 makers, este evento escala en tamaño e deixa de ser "Mini", converténdose nun evento anual que servirá de punto de encontro para os mellores creadores de Galicia. Deste xeito, potenciarase a Galicia innovadora e coraborativa, e a divulgación dos proxectos a través do Movemento Maker fará que medre a inquedanza por facer cousas innovadoras e se xere un punto de contacto para a transmisión de coñecemento entre as diferentes xeracións.
As necesidades de apoio abarcan dende días soltos en fins de semana de setembro para a preparación de material ou elaboración de paneis e elementos decorativos ata o apoio na información a visitantes e no desenvolvemento das propias actividades da Maker Faire.
Pero...Que é unha Maker Faire?
Maker Faire é a maior feira de makers do mundo, un escaparate para as invencións, a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos. É un lugar no que as persoas mostran ó mundo as súas creacións, comparten o seu coñecemento con quen quere aprender e fan contactos profesionais.
A comunidade Maker é heteroxénea, componse de toda clase de xente, de idade variada e orixes diversas: fans da tecnoloxía, artesáns, artistas, científicos ou inventores.
O obxectivo da Maker Faire é divertir, informar e conectar á as persoas para que a comunidade medre.
A primeira edición da Maker Faire (a orixinal) tivo lugar en San Mateo, California, (USA)