Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Apoio para a xestión de redes sociais

Versión para impresiónSend by email
Entidade:
Asociacion de Dano Cerebral de Compostela Sarela
Data de inicio:
Lun, 04/01/2021
Colectivo de actuación:
Outros
Tipo do voluntariado:
Virtual
Provincia:
A Coruña
Localidade:
Santiago de Compostela
Lugar de celebración do Apoio Dixital:
Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela
Perfil/requisitos:
Persoa con coñecementos sobre o manexo de redes sociais e responsable.
Descrición:
A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, solicita o apoio dunha persoa voluntaria para a creación e deseño gráfico de contidos para a súa publicación en redes sociais. A partir da información que a asociación lle proporcione, a persoa voluntaria encargarase de crear pezas (tanto imaxes, como vídeos) sobre aspectos xerais do dano cerebral e os servizos de atención de Sarela, co obxectivo de ser empregados en Facebook e Instagran e co formato axeitado para cada unha das redes. O traballo consistiría na escolla de información e deseño, co obxectivo de crear unha biblioteca de publicación para poder ser empregadas atemporalmente, sempre ca supervisión e coordinación da persoa Responsable de Comunicación. A duración do apoio será de 1 hora á semana, durante un mes. Coordinación co resposable de Comunicación vía e-mail, teléfono e/ou videochamada. Posibilidade de prorrogar o voluntariado sempre que: a persoa voluntaria o queira e que siga existindo a  necesidade que determina o posto de acción voluntaria.
Número de vacantes:
1
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal