A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, solicita o apoio dunha persoa voluntaria para a creación e deseño gráfico de contidos para a súa publicación en redes sociais. A partir da información que a asociación lle proporcione, a persoa voluntaria encargarase de crear pezas (tanto imaxes, como vídeos) sobre aspectos xerais do dano cerebral e os servizos de atención de Sarela, co obxectivo de ser empregados en Facebook e Instagran e co formato axeitado para cada unha das redes. O traballo consistiría na escolla de información e deseño, co obxectivo de crear unha biblioteca de publicación para poder ser empregadas atemporalmente, sempre ca supervisión e coordinación da persoa Responsable de Comunicación. A duración do apoio será de 1 hora á semana, durante un mes. Coordinación co resposable de Comunicación vía e-mail, teléfono e/ou videochamada. Posibilidade de prorrogar o voluntariado sempre que: a persoa voluntaria o queira e que siga existindo a necesidade que determina o posto de acción voluntaria.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/10929