Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

VII Semana Internacional do Voluntariado Corporativo

Versión para impresiónSend by email
Descrición:

Forética abriu a convocatoria de participación na VII edición do Give & Gain, a Semana Internacional do Voluntariado Corporativo e da acción solidaria dos empregados, que ten por obxectivo xerar o maior impacto posible na mellora das condicións de vida das comunidades máis vulnerables.

A Semana Internacional do Voluntariado Corporativo (Give & Gain) é a iniciativa de referencia en voluntariado corporativo a nivel internacional. Pretende fomentar o voluntariado corporativo e a acción solidaria dos empregados como ferramentas clave para o investimento na comunidade dentro da estratexia de RSE das organizacións.

Esta nova edición centrarase na realización de accións de voluntariado que vaian encamiñadas a cumprir obxectivos asociados á inclusión social e laboral das persoas.


Destinatarios:
Empresas e entidades que realicen actividades de voluntariado corporativo.

Comezo rexistro:
Ven, 03/02/2017

Fin rexistro:
Ven, 21/04/2017

Data inicio:
Ven, 21/04/2017

Data fin:
Ven, 28/04/2017


Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal